Mañan o borrador da nova lei de propieda intelectual pasara o congreso de diputados do Estado Español.
Ben, o borrador ten varias, na miña opinion serias, pegas. Pois ben:
- Extendese o canon a telefonos mobiles e reproductores de mp3 (inclue os discos duros dos portátiles).
- Limita o térmido de copia privada o ámbito familiar e so a partires do orixinal.
- Non obriga os productores facilitar a copia privada.
Extensión do canon
Pareceme totalmente inxustificada esta extensión do canon, abonda co que se está a aplicar nos cd’s e dvd’s virxenes. Non vou entrar en debate de si é xustificado ou non porque eso si é complexo.
O que me parece inaceptable é aplicalo a telefonos móbiles e a ordenadores portatiles (en principio a SGAE non o vai facer pero a lei permetiriallo). Hai que ter moi presente que a industria da música gañou no ultimo ano unha suma considerable coas descargas de cancións o móvil. Por outra banda, a inmensa maioria dos cidandans mercan un teléfono mobil para telefonear e si acaso mandar algúns sms, para o resto está o iPotasio e cousas polo estilo.
O mesmo compre decir para os portátiles. ¿Ten dereito unha asociación cobrar por unha ferramenta de traballo que eles nin siquiera producen e nin siquiera é o seu mercado? Dependin dun portatil para poder realizar o bacheralato e seguro que hai mais casos en España no que o portatil é unha ferramenta que permite seguir o ritmo das clases a hora de coller apuntes, si estou falando de persoa que por algun impedimento físico teñen que recurrir a tecnoloxía.
Na miña humilde opinion, está reforma vai totalmente en contra da eliminación da fenda dixital, encarece os productos, polo conseguinte sera mais dificil achegarse as novas tecnoloxías para as familias con baixo capital.
Respecto os reproductores de mp3, é totalmente inxusto considerar que por ter un reproductor só o se use para reproducir arquivos do cal non se ten a obra orixinal.
Copia privada
Aqui quizabes sexa a maior controversia ou equivocación, como se lle queira chamar. O término de copia privada é mal usado, achegase mais ben a unha copia de seguridade. Unha copia privada é unha copia dunha obra para uso privado, na que non intervén ningún ánimo de lucro.
Se ben, aqui tamén quero valorar algo positivo do texto, quizabes unha das poucas virtudes. A eliminación da restricción de 3 copias privadas.
Non obriga obriga os productores facilitare copia privada
Esto vai en contra da desigualdade de condicións. ¿Se pagámos un canon, non temos dereito a facer copias sen ningún tipo de travas?
En conclusión estas reformas non supoñen nun avance na igualdade senon o contrario. Estou de acordo en que os artistas están no seu dereito a ter unha renumeración polas suas obras, mais non desta maneira. Os usuarios teñen o dereito de acceder a cultura e gozar dela na sua vida privada.
Escrito por castelosnasnubes 
Escrito por castelosnasnubes
Escrito por castelosnasnubes