Reforma da lei de propiedade intelectual

febrero 28, 2006

Mañan o borrador da nova lei de propieda intelectual pasara o congreso de diputados do Estado Español.

Ben, o borrador ten varias, na miña opinion serias, pegas. Pois ben:

  1. Extendese o canon a telefonos mobiles e reproductores de mp3 (inclue os discos duros dos portátiles).
  2. Limita o térmido de copia privada o ámbito familiar e so a partires do orixinal.
  3. Non obriga os productores facilitar a copia privada.

Extensión do canon

Pareceme totalmente inxustificada esta extensión do canon, abonda co que se está a aplicar nos cd’s e dvd’s virxenes. Non vou entrar en debate de si é xustificado ou non porque eso si é complexo.

O que me parece inaceptable é aplicalo a telefonos móbiles e a ordenadores portatiles (en principio a SGAE non o vai facer pero a lei permetiriallo). Hai que ter moi presente que a industria da música gañou no ultimo ano unha suma considerable coas descargas de cancións o móvil. Por outra banda, a inmensa maioria dos cidandans mercan un teléfono mobil para telefonear e si acaso mandar algúns sms, para o resto está o iPotasio e cousas polo estilo.

O mesmo compre decir para os portátiles. ¿Ten dereito unha asociación cobrar por unha ferramenta de traballo que eles nin siquiera producen e nin siquiera é o seu mercado? Dependin dun portatil para poder realizar o bacheralato e seguro que hai mais casos en España no que o portatil é unha ferramenta que permite seguir o ritmo das clases a hora de coller apuntes, si estou falando de persoa que por algun impedimento físico teñen que recurrir a tecnoloxía.

Na miña humilde opinion, está reforma vai totalmente en contra da eliminación da fenda dixital, encarece os productos, polo conseguinte sera mais dificil achegarse as novas tecnoloxías para as familias con baixo capital.

Respecto os reproductores de mp3, é totalmente inxusto considerar que por ter un reproductor só o se use para reproducir arquivos do cal non se ten a obra orixinal.

Copia privada

Aqui quizabes sexa a maior controversia ou equivocación, como se lle queira chamar. O término de copia privada é mal usado, achegase mais ben a unha copia de seguridade. Unha copia privada é unha copia dunha obra para uso privado, na que non intervén ningún ánimo de lucro.

Se ben, aqui tamén quero valorar algo positivo do texto, quizabes unha das poucas virtudes. A eliminación da restricción de 3 copias privadas.

Non obriga obriga os productores facilitare copia privada

Esto vai en contra da desigualdade de condicións. ¿Se pagámos un canon, non temos dereito a facer copias sen ningún tipo de travas?

En conclusión estas reformas non supoñen nun avance na igualdade senon o contrario. Estou de acordo en que os artistas están no seu dereito a ter unha renumeración polas suas obras, mais non desta maneira. Os usuarios teñen o dereito de acceder a cultura e gozar dela na sua vida privada.

Anuncios

Liberdade de expresión

febrero 23, 2006

TODOS CON LA FRIKIPEDIA

Pois a pesares de que xa fai unha semaniña e pico que aconteceu, vou apollar a frikipedia, que lamentablemente tivo que pechar por culpa dunha organización que xa todos coñecemos, si a SGAE.

É inaceptable que nun país democrático como o noso (precisamente hoxe é unha data clave na nosa historia da democracia) poidan acontecer estas cousas. E menos ainda en internet, a liberdade de expresión é a liberdade de decir o que se pensa, non é admisible censurar a verdade, si, estou de acordo hai que respetar a xente, pero a frikipedia era unha parodia da wikipedia e advertiase do seu contido humoristico.

Esta batalla imola gañar, tardemos 1,2, 10 ou mais anos.

Pola liberdade.


Fisgón

febrero 23, 2006

Vou a confesar o meu ultimo vicio, que xa teño bastantes, pero mellor non fago lista deles…

Pois descubrin un chata un tanto particular, tratase do fisgón de meneame.

¿Que ten de especial?

Bueno tratase dun chat en AJAX, que tanto está de moda, que ademais vai mostrando en “directo” como van cambiando os estados das noticias de meneame. Fasciname a idea de charlar ca peña mentras ves que se van metendo novas en meneame, non dou feito con tantas pestañas.

Para os que non o saiban aínda, meneame é similar a digg, de feito está basado nel (código fonte) que consiste en informar de noticias, poñendo unha pequena información. O usuarios poderan votala, e si ten os votos suficientes aparece en portada. Aparte deso, tamen se lle poden engadir comentarios. Si non ando mal, o seu principal administrador é Ricardo Galli, un programador bastante coñecido. Foi el quen engadiu a opción de chatear no fisgón, estiven chateando case cando se estrenou. Foi toda unha experiencia, ver como arranxaba o bugs casi en tempo real, merece a miña admiración.


Benvida

febrero 22, 2006

Bueno, tras o meu fracaso, e algo de decepción, tras crearme un blog en blogspot.com, decidinme por wordpress, non vou entrar en detalles sobre a decisión, entre outras cousas é libre.

En fin, aqui irei posteando as miñas tolerias, reflexions, si, prometo facervos reir tamen de vez en cando.

Bueno, saudos a todos.