Reforma da lei de propiedade intelectual

Mañan o borrador da nova lei de propieda intelectual pasara o congreso de diputados do Estado Español.

Ben, o borrador ten varias, na miña opinion serias, pegas. Pois ben:

  1. Extendese o canon a telefonos mobiles e reproductores de mp3 (inclue os discos duros dos portátiles).
  2. Limita o térmido de copia privada o ámbito familiar e so a partires do orixinal.
  3. Non obriga os productores facilitar a copia privada.

Extensión do canon

Pareceme totalmente inxustificada esta extensión do canon, abonda co que se está a aplicar nos cd’s e dvd’s virxenes. Non vou entrar en debate de si é xustificado ou non porque eso si é complexo.

O que me parece inaceptable é aplicalo a telefonos móbiles e a ordenadores portatiles (en principio a SGAE non o vai facer pero a lei permetiriallo). Hai que ter moi presente que a industria da música gañou no ultimo ano unha suma considerable coas descargas de cancións o móvil. Por outra banda, a inmensa maioria dos cidandans mercan un teléfono mobil para telefonear e si acaso mandar algúns sms, para o resto está o iPotasio e cousas polo estilo.

O mesmo compre decir para os portátiles. ¿Ten dereito unha asociación cobrar por unha ferramenta de traballo que eles nin siquiera producen e nin siquiera é o seu mercado? Dependin dun portatil para poder realizar o bacheralato e seguro que hai mais casos en España no que o portatil é unha ferramenta que permite seguir o ritmo das clases a hora de coller apuntes, si estou falando de persoa que por algun impedimento físico teñen que recurrir a tecnoloxía.

Na miña humilde opinion, está reforma vai totalmente en contra da eliminación da fenda dixital, encarece os productos, polo conseguinte sera mais dificil achegarse as novas tecnoloxías para as familias con baixo capital.

Respecto os reproductores de mp3, é totalmente inxusto considerar que por ter un reproductor só o se use para reproducir arquivos do cal non se ten a obra orixinal.

Copia privada

Aqui quizabes sexa a maior controversia ou equivocación, como se lle queira chamar. O término de copia privada é mal usado, achegase mais ben a unha copia de seguridade. Unha copia privada é unha copia dunha obra para uso privado, na que non intervén ningún ánimo de lucro.

Se ben, aqui tamén quero valorar algo positivo do texto, quizabes unha das poucas virtudes. A eliminación da restricción de 3 copias privadas.

Non obriga obriga os productores facilitare copia privada

Esto vai en contra da desigualdade de condicións. ¿Se pagámos un canon, non temos dereito a facer copias sen ningún tipo de travas?

En conclusión estas reformas non supoñen nun avance na igualdade senon o contrario. Estou de acordo en que os artistas están no seu dereito a ter unha renumeración polas suas obras, mais non desta maneira. Os usuarios teñen o dereito de acceder a cultura e gozar dela na sua vida privada.

Anuncios

4 Responses to Reforma da lei de propiedade intelectual

  1. chuza.org dice:

    Reforma da lei de propiedade intelectual

    Xa saíu o borrador da nova lei de propieda intelectual pasara o congreso de diputados do Estado Español.

    Ben, o borrador ten varias, na miña opinion serias, pegas. Pois ben:

    1. Extendese o canon a telefonos mobiles e reproductores de mp3 (in…

  2. IaRRoVaWo dice:

    Eu estou en contra do canon, non creo que por mercar uns CDs ou DVDs vaian ser usados para o p¡rateo (que pode ser que na maioria dos casos sexa asi) pero o canon non é a solución. Se hai pirateo é por algo e a solución non é o canon. Por iso considero que permitir o canon aos móbiles ou aos reprodutores de mp3 é unha esaxeración, é darlle máis cartos á SGAE (CDs, DVDs, móbiles e mp3s). É pagar por algo que non se fai…

    Se eu merco unha cousa, opino que teño o dereito de facerlle todas as copias que eu queira, ben por seguridade, ben por ter unha na casa, outra no coche (no caso dos CDs de música), etc. Non sei porque teño que pagar dúas veces o mesmo producto. E ademáis… se pagamos o canon… teremos todo o dereito de facer todas as copias que queiramos.

  3. O caso é que si a maioria da población fai unha determinada acción, en principio non se considera un delito. Ademais, a xente seguira ir indo os concertos donde os artistas tamen sacan cartos, non hai nada mellor que escoitar unha boa banda en directo, algo iremplacable.

    Non quero entrar en discusions sobre o canon nos cds, eu estou en contra en pareceme inxustificado pero os artistas teñen que vivir e ainda non está o modelo de negocios adaptado para o copyleft, cousa que sucedera.

    Deixando a polémica do canon dos cds e dvds, a aplicación os moviles, pdas e discos portátiles, xa sae completamente do entender a situación do artista, que bueno, supoer que un movil o vas mercar para “piratear” música xa é o maximo.

    Xa non falemos das tarifas, …, un escandalo, vergoña que sinto polos políticos que nos representan. A ver si escribo un articulo sobre eso.

  4. Museheext dice:

    Make peace, not war!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: