Recoñezo, non son amante da poesía, alomenos non leendoa dos libros. A música en si é poesía aunque o panorama da música comercial o reflexe cada vez menos. Hai unha poesía que si me encanta por sinxela e enormente expresiva, Negra Sombra de Rosalia de Castro, para min a mellor entre todos os poetas, e como non, quen mellor para poñerlle voz cá inconfundible e espectacular cantante Luz Casal, inicio con este post unha serie de mems musicais.
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.Si cantan es ti que cantas;
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.En todo estás e ti es todo,
pra min y en min mesma moras,
nin me dexarás ti nunca,
sombra que sempre me asombras